jueves, 4 de septiembre de 2014

INFORMACIÓN AULA MATINAL

O vindeiro venres 5 de setembro ás 19:30 horas haberá una reunión informativa do servicio de Aula Matinal xestionado pola ANPA "As Landras"

A reunión será na sede do Cra Raíña Aragonta (Esfarrapada)

REUNION INFORMATIVA INICIAL PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE ESFARRAPADA

O vindeiro luns 8 de setembro convócase a seguinte reunión informativa para o alumnado de  4 e 5 anos 


           Luns 8 se setembro ás 10:30, alumnado de 4 anos

           Luns 8 se setembro ás 11:00 alumnado de 5 anos

         
Pola relevancia da reunión prégase que os pais ou nais acudan sen os nenos/as

REUNIÓN INFORMATIVA COMEDOR ESCOLAR

O próximo día luns 8 de setembro ás 19:00h, nas instalacións do Comedor Escolar do CEP ALTAMIRA, convócase unha reunión para todos aqueles interesados neste servicio.

A reunión será impartida pola empresa contratada (Actex) e nela se informará do servicio do comedor e se resolverán tódalas dúbidas

ANPA ALTAMIRA

miércoles, 3 de septiembre de 2014

REUNION INFORMATIVA INICIAL PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3, 4 e 5 ANOS DAS PARROQUIAS


O vindeiro luns 8 de setembro convócase as seguintes reunións informativas para o alumnado de 3, 4 e 5 anos das parroquias que a continuación detallamos:


          AULA DE SOUTELO: Luns 8 se setembro ás 10:30

          AULA DE BARREIRO: Luns 8 se setembro ás 11:00

          AULA DE BUDIÑO: Luns 8 se setembro ás 11:00

          AULA DE SAN XURXO: Luns 8 se setembro ás 11:00

          AULA DE REVOLTA: Luns 8 se setembro ás 11:00


O vindeiro luns 8 de setembro convócase as seguintes reunións informativas para o alumnado de só 4 e 5 anos das parroquias que a continuación detallamos:       

            AULA DE ENTENZA : Luns 8 se setembro ás 11:30

           AULA DE FONTÁN  Luns 8 se setembro ás 10:30

           AULA DE PICOÑA   Luns 8 se setembro ás 10:00
 


Pola relevancia da reunión prégase que os pais ou nais acudan sen os nenos/as

REUNION INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DOS NENOS/AS DE 3 ANOS


Dende a dirección do CRA Raíña Aragonta, infórmanse que o vindeiro venres 5 de setembro terá lugar reunión informativa para as familias dos nenos/as de 3 anos.


             VENRES 5 ás 10:00 Familias de alumnos/as de 3 anos das parroquias 

             VENRES 5 ás 11:30 Familias de alumnos/as de 3 anos de Esparrafada


A reunión terá lugar na aula de psicomotricidade na sede no CRA Raíña Aragonta. Pola relevancia da reunión prégase que os pais ou nais acudan sen os nenos/as

A dirección do centro.

CURSO ESCOLAR 2014-2015


Dende a dirección do CRA Raíña Aragonta, infórmanse que as clases comezarán o mércores 10 de setembro de 2014. Para os nenos/as de 3 anos o período de adaptación abrangue dende o día 10 de setembro ata o martes 23 de setembro de 2014 ( ambos os dou inclusive) 

A partir do día 3 de setembro de 2014 (pola tarde), estarán expostos nos taboleiros das diferentes aulas as datas para a reunión coas familias de 3, 4 e 5 anos.

A dirección do centro.

martes, 1 de julio de 2014

Rematamos...

Para despedir definitivamente este curso, vos presentamos un vídeo dalgunhas das actividades que realizamos este ano: visitas, concertos e como non, traballo!!  Por problemas técnicos non puidemos poñelo no blogue tal e como o confeccionamos, con música para que vos fose máis ameno, pero, a lo menos, presentámosvos as fotos, que é o verdadeiramente importante. Esperemos que vos guste e o disfrutedes. Dende aquí, despedímonos por este ano, foi un auténtico pracer contarvos todo o que aconteceu no noso centro. FELICES VACACIÓNS!!!















viernes, 27 de junio de 2014

Xa rematou o curso...

Pois sí, xa rematou o curso e coma todos os anos despedimos aos nenos e nenas de cinco anos con moita pena pero tamén con moita alegría de que acadaran os obxectivos que se propuxeron ao comezo da nosa etapa de educación infantil. Agora tócalles emprender un novo camiño no que, seguro, terán moitas experiencias e motas cousas das que aprender. QUE SEXADES MOI FELICES e sabede que os vosos mestres e mestras votanvos MOITO DE MENOS.