jueves, 13 de octubre de 2011

DESEXOS PARA ESTE CURSO

Familias do CRA RAÍÑA ARAGONTA, dende a DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA queremos comezar cunha nova proposta que chamaremos “DESEXOS PARA ESTE CURSO”. A idea é que todas e todos expresemos os nosos desexos e ilusións, ben escribíndoos, ben facéndoo a través dunha imaxe. Para iso poderedes vir ao centro e empregar uns “globos de cómic” que haberá nos taboleiros das distintas aulas,e diverso material que poremos á vosa disposición, aínda que tamén podedes traelo da casa se así o precisades. Un mestre ou mestra atenderavos por se tendes algunha dúbida ou precisades algo. Esta actividade comezará o día 13 de outubro e rematará o 28 de novembro, tendo o seguinte horario:
- De luns a venres, de 9:15 h a 10:15 h e de 13:15 h a 14:15h. Os martes de 16:00 h a 17:00 h.



Unha vez recollidos e expostos os desexos das distintas aulas, faremos unha exposición colectiva o día 29 de novembro no mesmo horario. Con esta proposta, de carácter voluntario, tentamos avanzar na procura dun maior nivel de convivencia entre a familia e a escola. Por esta razón animámosvos a que plasmedes os vosos desexos do xeito máis visual ou plástico posible, tentando adaptar a mensaxe á idade infantil para que poida así chegar mellor a elas e eles. Ánimo, agardamos a vosa participación !!!

No hay comentarios: