viernes, 25 de noviembre de 2011

CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR NO BORRALLIÑO

A primeira competición escolar de campo a través será a de Salceda. Farase no lugar de "O Borralliño" (Soutelo), polos terreos do campo de fútbol e arredores. Será o vindeiro SÁBADO, 26 DE NOVEMBRO.
Esta proba realízase dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño e en colaboración co Concello de Salceda de Caselas.
O regulamento da proba a aplicar será, nas normas xerais, o expresado no correspondente do programa referido.
Os percorridos e horarios das probas podedes velos nesta páxina, na sección "Campo a través": AGRUDEBAM

No hay comentarios: