martes, 23 de octubre de 2012

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DESTE CURSO

Coma todos os anos, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares envía unha única solicitude de autorización para as actividades complementarias que levaremos a cabo no presente curso. Deste xeito pretendemos unha mellor organización e diminuír a cantidade de papel empregado e facilitar a súa recollida.
Antes da realización de cada actividade se lles informará detalladamente sobre a mesma. No caso de non autorizar ao seu fillo/a nalgún caso, deberá notificalo por escrito o seu titor/a.
As actividades complementarias previstas para este ano, segundo figuran na Programación Xeral Anual son:
-          Planetario Móbil.
-          O magosto.
-          Nadal.
-          Entroido.
-          Acampada para alumnos de cinco anos.
-          Festa de fin de curso.
Estas actividades poden sufrir variacións debido as inclemencias meteorolóxicas.

No hay comentarios: