viernes, 23 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR DO CRA RAÍÑA  ARAGONTA

_______________________________________


De acordo coa normativa vixente, o próximo día 29 ( xoves ) en horario de 8:30 a 14:30  e de 16:30 a 18:30 horas  celebraráse na sede administrativa deste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titorers legais do alumnado no Consello Escolar do CRA Raíña Aragonta.


¿Quen pode votar?

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figuran no Censo. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai , podendo votar ambos os dous.

*Por favor revisen que os seus datos no Censo Electoral  son correctos antes do día 26 do presente. Grazas.

Modo de emitir o voto:

  • O voto será directo, secreto e non delegado.
  • Os modelos de papeletas serán, obrigatoriamente,os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
  • Para exercer o seu dereito a voto deben acreditar a súa identidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou documento similar.
  • Finalizada a votación  procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección do CRA Raíña Aragonta anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do xoves 29, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.


En Salceda de Caselas, a 20 de novembro de 2012.



                                               A directora do Centro,

No hay comentarios: