sábado, 26 de abril de 2014

Carta aberta ao Clube de lectura "Siareiros da palabra"

Dende o grupo de Dinamización da Biblioteca queremos agradecer aos nenos e nenas do IES Pedras Rubias , e aos seus Mestres por compartir con nós esa magnífica actividade, e non atopamos outro xeito que adicándovos esta carta... "Grazas de corazón, CLUBE DE LECTURA “SIAREIROS DA PALABRA” do IES PEDRAS RUBIAS de parte de todos os nenos e nenas do CRA RAÍÑA ARAGONTA, do seu profesorado e da DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA. Non temos palabras suficientes para agradecervos a vosa entrega, interese, traballo e ilusión nas sesións de contacontos celebradas esta semana. Os cativos estiveron máis que encantados coas vosas estupendas lecturas e dramatizacións e nós, os mestres, moi agradecidos. Foi sen dúbida, un fin de trimestre fantástico, cheo de sorrisos e convivencia entre idades tan lonxanas. Sodes únicos. Non deixedes de soñar, nós tampouco o faremos. Centos de bicos."

No hay comentarios: