martes, 13 de mayo de 2014

Semana das Letras Galegas.

Esta semana estamos a celebrar no CRA a "Semana das Letras Galegas", que este ano vai dedicado ao escritor Xosé María Díaz Castro. E aproveitamos para contarvos algo sobre él:  
"Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño..., mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea."

 Pero... por que celebramos o Día das Letras Galegas o 17 de maio? No ano 1963, a Real Academia Galega instituíu ese día para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro, "Cantares Gallegos", un 17 de maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. "Cantares gallegos" está considerada como a obra literaria que inicia o "rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

No CRA estamos a celebrar esta semana con distintos traballos e actividades que, pouco a pouco, vos iremos expoñendo.

No hay comentarios: