miércoles, 23 de diciembre de 2009
MÚSICA E CHOCOLATE
Os alumnos e alumnas da Escola de Música ofrecéronnos un concertazo con música de películas, brasileña, pezas galegas e, como non, algunha panxoliña.
Cada ano tocan mellor!!...a ver se do noso CRA sae tamén algún bo músico/a, ou bailarin/a.
E como os concertos dan moita fame(sobre todo se volves camiñando), fomos para o cole onde nos agardaba unha sorpresa...ou máis.
Unha mesa chea de larpeiradas e xerras de chocolate riquiiiisimo!, preparadas polas mamás e papás da ANPA.
Tres homes alá no fondo que son...OS REIS MAGOS!!! déronnos a cada un caramelos, un libro marabilloso que conta cousas do noso concello e moitos bicos e bos desexos para o próximo ano.
QUE BEN O PASAMOS!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario