domingo, 30 de marzo de 2014
Entroido
A que estamos moi guapos/as!!!
viernes, 1 de febrero de 2013
PAZ E VIDA
jueves, 28 de junio de 2012
FIN DE CURSO
xogos from r.aragonta on Vimeo.
caras from r.aragonta on Vimeo.
PAPIS NO COLE from r.aragonta on Vimeo.
VUELTA AL COLE from r.aragonta on Vimeo.
lunes, 18 de junio de 2012
FÚTBOL EN FAMILIA
Untitled from r.aragonta on Vimeo.
miércoles, 6 de junio de 2012
RECREOS COMPARTIDOS
Untitled from r.aragonta on Vimeo.
AGARDAMOS SEGUIR COA ACTIVIDADE O PRÓXIMO CURSO, E QUE SIGA DEIXANDO MOMENTOS TAN BOS COMO OS QUE DEIXOU NESTE.jueves, 3 de mayo de 2012
EDUCAR CO CORAZÓN
viernes, 30 de marzo de 2012
EDUCAR CO CORAZÓN
DEIXOU MOMENTOS E IMAXES COMO ESTAS:
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!
FELIZ DESCANSO!
miércoles, 21 de marzo de 2012
EDUCAR CON EL CORAZÓN
Os horarios das charlas son os seguintes:
Xoves 22 marzo 9:45
Luns 26 marzo 11:30
Martes 27 marzo 16:30

Para ir abrindo boca, aí van as seguintes reflexións e enlaces:
...debemos evitar comparacións e poñer etiquetas, respectando o momento evolutivo no que nos atopemos, somos algo moldeable e polo tanto todos podemos cambiar e ter unha segunda ou terceira oportunidade, non debemos caer na tipificación para evitar roles que non favorecen a ninguén, desta maneira debemos demostrar os valores que pretendemos transmitir e exemplificar cos nosos actos o que din as nosas palabras.
Datos a ter en conta:
-“abrazos gratis”,campaña Free Hugs Campaign.
jueves, 8 de marzo de 2012
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Día da Muller Traballadora
Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988).
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Índice
O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.
Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988).
A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.
Cronoloxía
Ofrécese a continuación unha breve cronoloxía dos acontecementos máis destacados:
1909
De conformidade cunha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos de América o día 28 de febreiro celebrouse en tódolos Estados Unidos o primeiro Día Nacional da Muller, que estas seguiron celebrando o último domingo de febreiro ata 1913.
1910
A Internacional Socialista, reunida en Copenhaguen, proclamou o Día da Muller, de carácter internacional como homenaxe ao movemento en favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio feminino universal. A proposta foi aprobada unanimemente pola conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas as tres primeiras mulleres elixidas para o parlamento finés. Non se estableceu unha data fixa para a celebración.
1911
Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhaguen o ano anterior, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez (o 19 de marzo) en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins aos que asistiron máis de 1 millón de mulleres e homes. Ademais do dereito de voto e de ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.
Menos dunha semana despois, o 25 de marzo, máis de 140 mozas traballadoras, a maioría inmigrantes italianas e xudías, morreron no tráxico incendio da fábrica Triangle na cidade de Nova York. Este acontecemento tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia ás condicións laborais que conduciron ao desastre.
1913-1914
No marco dos movementos en prol da paz que xurdiron en vésperas da primeira guerra mundial, as mulleres rusas celebraron o seu primeiro Día Internacional da Muller o último domingo de febreiro de 1913. No resto de Europa, as mulleres celebraron mitins en torno ao 8 de marzo[1]. do ano seguinte para protestar pola guerra ou para solidarizarse coas demais mulleres.
1917
Como reacción ante os 2 millóns de soldados rusos mortos na guerra, as mulleres rusas escolleron de novo o último domingo de febreiro para declararse en folga en demanda de "pan e paz". Os dirixentes políticos criticaron a oportunidade da folga, pero as mulleres fixérona de tódolos xeitos. O resto é historia: catro días despois o Tsar viuse obrigado a abdicar e o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto. Ese histórico domingo foi o 23 de febreiro, segundo o calendario xuliano utilizado entón en Rusia,ou o 8 de marzo, segundo o calendario gregoriano utilizado noutros países.
Dende eses primeiros anos, o Día Internacional da Muller adquiriu unha nova dimensión mundial para as mulleres dos países desenvolvidos e en desenvolvemento. O crecente movemento internacional da muller, reforzado polas Nacións Unidas mediante catro conferencias mundiais sobre a muller, contribuíu a que a conmemoración sexa un punto de converxencia das actividades coordinadas en favor dos dereitos da muller e a súa participación na vida política e económica. O Día Internacional da Muller é cada vez máis unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres comúns que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller.
O día da muller no movemento obreiro
Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988). No cartel pon: Xuntos en todo loitamos contra o maltrato da muller.
No estudo realizado por Isabel Álvarez González e publicado baixo o título As orixes e a celebración do Día Internacional da Muller, 1910-1945 (KRK-Edicións, Oviedo, 1999), o incendio que se vincula coa data do Día da Muller Traballadora data non foi -así aparece na anterior cronoloxía- o 8 de marzo senón o 25 de marzo de 1911, poucos días antes da celebración do primeiro Día Internacional da Muller, na empresa Triangle Shirtwaist.
A manifestación á que moitas veces se fai referencia, non ocorreu no 8 de marzo de 1908 nin de 1857, como ás veces se sinala, senón o 27 de setembro de 1909; a partir de novembro de 1908 segundo outras fontes, no marco dunha folga de máis de trece semanas dos empregados e empregadas do sector téxtil realizaron no East Side de Nova York. Participaron máis de 20.000 obreiros, na súa inmensa maioría mulleres. Durante esas 13 semanas padeceron fame, ataques, detencións (máis de 600), despedimentos... pero conseguiron as peticións reclamadas. O 8 de marzo de 1909 convocouse unha manifestación esixindo, de novo, melloras de condicións para as mulleres emigradas e a abolición da explotación infantil así como o dereito ao voto das mulleres.
A orixe en 1910
Na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, que se celebrou en Copenhaguen en 1910, Clara Zetkin, líder do movemento alemán de mulleres socialistas, propuxo a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, baseada na celebración que nos EE.UU. se realizaba dende 1908 como Women's Day co ánimo de reivindicar o sufraxio feminino. Este chamamento foi seguido en Alemaña, Suecia, Austria e Finlandia.
Os acontecementos de 1917 en Rusia nesa data, e que foron parte dos movementos que converxeron na Revolución de Outubro, contribuíron a afianzar esta celebración.
jueves, 2 de febrero de 2012
BOA SORTE!!!...CASTIÑEIROS
MOITAS GRAZAS Á ANPA E A COMUNIDADE DE MONTES POLA ORGANIZACIÓN, O ESFORZO, O ENTUSIASMO E TODO O DEMÁIS.
PARA AS FAMILIAS QUE QUEIRAN VISITALO E DARLLE UN AGARIMO A ESTE BEBÉ DE BOSQUE, ESTA É A SÚA LOCALIZACIÓN:
Ver mapa más grande
lunes, 30 de enero de 2012
A PAZ...E A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
miércoles, 25 de enero de 2012
PLANTAMOS ÁRBORES
ESTAS SON ALGUNHAS DAS MOSTRAS DO TRABALLOS DE NENOS E NENAS:
jueves, 12 de enero de 2012
A FESTA DO NADAL
IGUAL QUE O ANO PASADO, FIXEMOS UN ENCONTRO E CONVIVENCIA DE TODAS AS AULAS NA SEDE DO CRA, ORGANIZÁRONSE DIVERSOS OBRADOIROS E OS NENOS E NENAS FORON PASANDO E PARTICIPANDO NELES, UN TRAS DOUTRO:
MAQUILLAXE: COA AXUDA DAS FAMILIAS (GRAZAS UNHA VEZ MÁIS) CONSEGUIMOS QUE OS NENOS PUXERAN A SÚA MELLOR CARA...
O APALPADOR: CONTINUAMOS A COÑECER COUSAS DESTE PERSONAXE DO NADAL GALEGO E DO SEU MEDIO DE ACCIÓN ORIXINAL: AS MONTAÑAS DO CAUREL
QUE LOS DETENGAN: UNS PROFES OFRECÉRONNOS TODO O SEU TALENTO (BUENO, QUIZÁIS NON TODO)PARA FACER UNHA VERSIÓN NAVIDEÑA DA FAMOSA CANCIÓN "Que la detengan"
XOGOS: APROVEITAMOS O FEITO DE ESTAR MEZCLADOS NENOS E NENAS DE TODAS AS AULAS PARA XOGAR XUNTOS E COÑECERNOS MELLOR
CINEMA: UNS CORTOS DE ANIMACIÓN RUSOS PARA COLLERLLE GUSTO A ISO DA PANTALLA GRANDE EN COMPAÑÍA DOS AMIGOS
...E Ó FINAL...MERENDOLA CON CHOCOLATE E POSTRES VARIOS.
martes, 13 de diciembre de 2011
CIRCO CORAZÓN
Untitled from r.aragonta on Vimeo.
BUSCAMOS DENTRO DE TODOS/AS NÓS ESE ESPIRITU CIRCENSE...E ISTO É O QUE PASOU:
lunes, 28 de noviembre de 2011
EXPOÑEMOS DESEXOS
Grazas de corazón.
Para celebrar este bo comezo estades convidados á exposición de TODOS os desexos do CRA o martes 29 de novembro de 16:00 a 17:00 horas na sede.
Haberá sorpresas...
miércoles, 9 de noviembre de 2011
VENRES DE CONVIVENCIA
UNHAS VECES APRENDEREMOS MÁIS NÓS E OUTRAS VECES ELES. TRÁTASE DE ACHEGAR ÓS NENOS DAS DISTINTAS IDADES, DE QUE SINTAN MÁIS PRÓXIMOS NO SENTIMENTO OS DOUS CENTROS (FÍSICAMENTE ESTÁN MOI PRETO)E DE QUE OS MAIORES APRENDAN A SER PROFES E OS PEQUES APRENDAN CON ELES.
ISTO FOI ALGO DO QUE PASOU O VENRES PASADO, COMO INTRODUCIÓN DO QUE PODE SER...
lunes, 7 de noviembre de 2011
Ó RICO MAGOSTO

miércoles, 19 de octubre de 2011
GRAFITIS PARA PEQUES
SORPRENDIDAS E EMOCIONADAS POLA APARICIÓN DUNS GRAFITIS BEN BONITOS NO MURO DE ACCESO Á SEDE DO CRA, BUSCAMOS Ó ARTISTA QUE OS FIXO E FIXEMOS PLANS PARA AMOSAR ESTE ARTE ÓS NENOS E NENAS DO COLE. EN BREVE, EN FUNCIÓN DO TEMPO QUE NOS DEIXEN AS ESPERADAS CHUVIAS, IREMOS DESENVOLVENDO ESTE PLAN.
PODEREDES SEGUIR AS ANDANZAS DOS GRAFITEIROS NESTE BLOGUE E NA EMOCIÓN DOS NENOS E NENAS.
A ARTE NON É DELITO!
jueves, 13 de octubre de 2011
DESEXOS PARA ESTE CURSO
- De luns a venres, de 9:15 h a 10:15 h e de 13:15 h a 14:15h. Os martes de 16:00 h a 17:00 h.

Unha vez recollidos e expostos os desexos das distintas aulas, faremos unha exposición colectiva o día 29 de novembro no mesmo horario. Con esta proposta, de carácter voluntario, tentamos avanzar na procura dun maior nivel de convivencia entre a familia e a escola. Por esta razón animámosvos a que plasmedes os vosos desexos do xeito máis visual ou plástico posible, tentando adaptar a mensaxe á idade infantil para que poida así chegar mellor a elas e eles. Ánimo, agardamos a vosa participación !!!



