Mostrando entradas con la etiqueta O CENTRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O CENTRO. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de marzo de 2014

Admisión do alumnado 2014-2015.

A dirección do CRA Raíña Aragonta informa:

         que rematado o prazo de presentación de solicitudes para o curso 2014-2015, hai postos escolares suficientes para todas as solicitudes recibidas. Polo que non é preciso aportar documentación para os criterios de baremo.
 
 A listaxe provisional de admitidos estará publicada antes do 25 de abril.

domingo, 30 de marzo de 2014

Entroido

Vaia, xa fai ben tempo que non actualizamos esta páxina, así que o primeiro que debo facer, é pedirvos disculpas e poñervos ao día do que está a suceder no centro. Acabamos de pasar o entroido, e aínda que o mal tempo fíxonos cambiar a data do desfile, ao final tivemos un estupendo día para lucir os nosos disfraces, e como mostra, aquí vos deixo algunhas fotos:


A que estamos moi guapos/as!!!

viernes, 23 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR DO CRA RAÍÑA  ARAGONTA

_______________________________________


De acordo coa normativa vixente, o próximo día 29 ( xoves ) en horario de 8:30 a 14:30  e de 16:30 a 18:30 horas  celebraráse na sede administrativa deste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titorers legais do alumnado no Consello Escolar do CRA Raíña Aragonta.


¿Quen pode votar?

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figuran no Censo. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai , podendo votar ambos os dous.

*Por favor revisen que os seus datos no Censo Electoral  son correctos antes do día 26 do presente. Grazas.

Modo de emitir o voto:

  • O voto será directo, secreto e non delegado.
  • Os modelos de papeletas serán, obrigatoriamente,os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
  • Para exercer o seu dereito a voto deben acreditar a súa identidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou documento similar.
  • Finalizada a votación  procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección do CRA Raíña Aragonta anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do xoves 29, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.


En Salceda de Caselas, a 20 de novembro de 2012.



                                               A directora do Centro,

DÍAS NON LECTIVOS 2012-13

Dona Teresa Marino Gil, como directora do CRA Raíña Aragonta


COMUNICA:


Que segundo a Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos

-          A Consellería declarou como días non lectivos  para o noso centro os días correspondentes ao 7 de decembro de 2012 e 20  de maio de 2013
(días nos que no noso Centro non haberá clase).

-          Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 7º  apartado 3º, e co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establecerase o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2012/2013 se celebrará o 2 de novembro de 2012 (día no  que en todos os centros de Galicia non haberá clase).

-          As vacacións de Nadal serán desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive.

-          As vacacións de Semana Santa abranguerán desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.

-          Entroido: días 11,12 , e 13  de febreiro de 2013.

-          No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, as actividades lectivas realizaranse do día 12 de setembro de 2012 ao 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive. Por tanto, as vacacións comezarán o 22 de xuño de 2013 ( día no que xa non haberá clase).


Para calquera  aclaración sobre este calendario, por favor, non dubiden en consultar á dirección do Centro.


En Salceda de Caselas , a 19 de novembro  de 2012.

lunes, 17 de septiembre de 2012

DOCUMENTACIÓN

ESTREAMOS UN NOVO SERVIZO.
A PARTIR DE AGORA, NA BEIRA DEREITA DO BLOG, PODEDES ACCEDER A ALGÚNS DOS IMPRESOS QUE MÁIS UTILIZAMOS DURANTE O CURSO.
SEGUIDES TENDO TODOS ESTES IMPRESOS Á VOSA DISPOSICIÓN NAS AULAS OU NA SEDE, PERO QUIZÁIS NALGÚN MOMENTO QUEIRADES LEVALOS LISTOS XA DA CASA.
SE É ASÍ, TEDES QUE ABRIR O ENLACE, IMPRIMIR O DOCUMENTO E LEVALO CUBERTO Ó COLE (a man ou no ordenador)


















 
IMOS POÑER UN TEMPO DE PROBA, PARA VER SE ESTE SERVIZO FUNCIONA BEN E É DE UTILIDADE.
SE TEDES ALGÚN PROBLEMA PARA VISUALIZAR OS DOCUMENTOS, POÑÉDEVOS EN CONTACTO CON NÓS NO CORREO r.aragonta@yahoo.es PARA TENTAR AMAÑALO.

miércoles, 5 de septiembre de 2012

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

A SEMANA QUE VEN (O DÍA 12) COMEZAMOS AS CLASES, PERO ANTES HABERÁ REUNIÓNS INFORMATIVAS EN CADA UNHA DAS AULAS CO MESTRE/A DO VOSO FILLO/A.

NESA REUNIÓN TRATARANSE TEMAS COMO OS OBXECTIVOS DO CURSO, NORMAS DE CONVIVENCIA, MATERIAL, PROFESORADO...E AS PREGUNTAS QUE QUEIRADES FACER E POIDAMOS RESPOSTAR.
ESTAS SON AS DATAS DAS REUNIÓNS FIXADAS ATA AGORA:

BARREIRO: LUNS 10, TODOS/AS ÁS 11:00
ENTENZA: LUNS 10. 3 ANOS ÁS 9:30, 4 E 5 ANOS ÁS 10:30
BUDIÑO: LUNS 10, TODOS/AS ÁS 12:00
PICOÑA: LUNS 10. 3 ANOS ÁS 10:00, 4 E 5 ANOS ÁS 11:00
SAN XURXO: LUNS 10, TODOS/AS ÁS 10:00
SOUTELO: LUNS 10, TODOS/AS ÁS 10:00
FONTÁN: LUNS 10, TODOS/AS ÁS 10:00
REVOLTA: LUNS 10, TODOS/AS ÁS 10:00

ESFARRAPADA:
3 ANOS: LUNS 10, ÁS 10:00
4 ANOS: MARTES 11, ÁS 10:00
5 ANOS: MARTES 11, ÁS 12:00

 BENVIDOS/AS Ó NOVO CURSO!!!

martes, 4 de septiembre de 2012

COMEZAMOS

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO! DESPEREZÁNDONOS DAS VACACIÓNS DE VERÁN E TENTANDO COLLER FOLGOS E IDEAS BOAS(NOVAS OU VELLAS)PARA O NOVO CURSO QUE ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR.
AS CLASES PRINCIPIARÁN O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 12, ASÍ QUE APROVEITADE OS DÍAS QUE RESTAN. A MEDIDA QUE VAIAMOS TENDO AS NOSAS REUNIÓNS E OS PRIMEIROS ACORDOS, IREMOSVOS INFORMANDO DAS DATAS DE REUNIÓNS DE AULAS, HORARIOS, MATERIAIS, ANPA, PROFESORADO...

martes, 22 de mayo de 2012

ENSINANDO VIDA

AQUÍ TEDES UN VIDEO DE LEMBRANZA DA ACTIVIDADE QUE SE FIXO A PRINCIPIO DE CURSO COAS FAMILIAS, ESPECIALMENTE COAS MAMÁS, ACERCA DOS MOMENTOS ANTERIORES Ó NACEMENTO DUN NENO/A. SIRVA DE ÁNIMO PARA AS PERSOAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DA SEMANA DA FAMILIA QUE SE ORGANICEN NAS DISTINTAS AULAS. E GRAZAS OUTRA VEZ A XAN POLO TRABALLO DE RECOLLIDA E POSTA DE GALA DAS IMAXES DESTA ACTIVIDADE.

viernes, 18 de noviembre de 2011

CALENDARIO DE XOGOS POPULARES

DENDE A COORDINACIÓN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROPÚXOSE A IDEA DE CREAR DE CARA Ó ANO PRÓXIMO UN CALENDARIO PARA PROMOVER O COÑECEMENTO, PRÁCTICA E RECUPERACIÓN DOS XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS GALEGOS...E DO MUNDO. OS XOGOS QUE XOGABAN (XOGABAMOS) ANTES OS NENOS E QUE FOMENTAN UNHA MOREA DE VALORES, ACTITUDES E CONTIDOS QUE NOS PARECEN MOI INTERESANTES PARA A ESCOLA.



AQUÍ TEDES, PARA IR ABRINDO BOCA, UN BONITO TRABALLO SOBRE OS XOGOS DE NENOS DO SÉCULO XVI REPRESENTADOS NO CADRO DE BRUEGEL.

IREMOS INFORMANDO DO QUE VAIAMOS FACENDO...E DO QUE POIDAMOS NECESITAR.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

VENRES DE CONVIVENCIA

ESTAMOS POÑENDO EN PROBA NOS RECREOS DA ESFARRAPDA UNHA INICIATIVA DO CEP ALTAMIRA PARA QUE OS NENOS "MAIORES" VEÑAN OS VENRES A COMPARTIR TEMPO E XOGOS COS PEQUENOS.

UNHAS VECES APRENDEREMOS MÁIS NÓS E OUTRAS VECES ELES. TRÁTASE DE ACHEGAR ÓS NENOS DAS DISTINTAS IDADES, DE QUE SINTAN MÁIS PRÓXIMOS NO SENTIMENTO OS DOUS CENTROS (FÍSICAMENTE ESTÁN MOI PRETO)E DE QUE OS MAIORES APRENDAN A SER PROFES E OS PEQUES APRENDAN CON ELES.



ISTO FOI ALGO DO QUE PASOU O VENRES PASADO, COMO INTRODUCIÓN DO QUE PODE SER...

lunes, 19 de septiembre de 2011

POR QUE PROTESTAMOS?



Os próximos mércores 21 e martes 27 de Setembro, unha grande parte do profesorado do CRA Raiña Aragonta iremos á folga para tentar mellorar a situación da educación pública.

Con este comunicado pretendemos que coñezades a situación actual das medidas impostas pola Consellería de Educación e a repercusión das mesmas na educación dos nenos e nenas. Pensamos que NON SON MEDIDAS PARA MELLORAR A CALIDADE DO ENSINO, senón estratexias para reducir o gasto na ensinanza pública, sabendo que está en xogo a educación e o futuro dos vosos/as fillos/as.



¿POR QUE PROTESTAMOS ?
O profesorado non protestamos por “TRABALLAR DÚAS HORAS MÁIS”, as nosas queixas son polos recortes sucesivos e cada vez maiores que está a sufrir o ensino público, e que forman parte dun plan a longo prazo e non se reduce a unhas medidas extraordinarias debidas á crise:

MEDIDAS QUE ESTAN TOMANDO E CONSECUENCIAS PARA A EDUCACIÓN(PROFESORADO E FAMILIAS)

*Recorte do profesorado

●Masificación de nenos/as nas aulas.
●Diminúe a atención individualizada (supresión de apoios, desdobres…).
●Non se cubren as baixas do profesorado por menos dun mes.

*Recorte do gasto público

●Eliminación da formación do profesorado.
●Tardanza en enviar ao profesorado ao centro de destino (este ano os novos Mestres incorporáronse o día 12 de Setembro sen coñecer a realidade do centro).
●Redución do presuposto para dotar aos centros de material.

*Asignación de profesorado para impartir especialidades para as que non está habilitado

●Os/as nenos/as sofren un ensino de baixa calidade nesas materias.

*Eliminación das horas de dinamización
●Quedaremos sen tempo para:
- Manter a horta escolar.
- Actualizar o blog do centro.
- Organizar a biblioteca escolar.
- Planificar actividades de convivencia (semana da familia, festas, acampada…).

*Desprestixio do profesorado
●Otórgannos tarefas que non nos corresponden, como a vixilancia do transporte escolar.
●Inténtase convencer á opinión pública de que traballamos menos (cando seguimos traballando as mesmas horas e moitas veces máis das que nos corresponden).

lunes, 5 de septiembre de 2011

BENVID@S Ó NOVO CURSO


COMEZAMOS CON ILUSIÓN RENOVADA, GAÑAS REFORZADAS E NOVAS IDEAS O CURSO 2011-2012.
ESTES DÍAS O PROFESORADO ESTAMOS CON REUNIÓNS, ACTUALIZACIÓN DE INFORMACIÓNS VARIAS, REPARTO DE AULAS, ASIMILACIÓN DOS CAMBIOS IMPOSTOS POLA CONSELLERÍA...



EN BREVE, AS TITORAS PORANSE EN CONTACTO COAS FAMILIAS PARA CONVOCAR AS REUNIÓNS INFORMATIVAS DE PRINCIPIO DE CURSO. A PARTIR DE MAÑÁ PUBLICARANSE AS DATAS E HORAS DAS NEUNIÓNS NOS RESPECTIVOS TABOLEIROS DE CADA AULA.


ÍMONOS DESPEREZANDO, ESTIRANDO OS MÚSCULOS, BOSTEZANDO E PREPARÁNDONOS PARA QUE, ENTRE TODOS E TODAS, ESTE CURSO VAIA TAN BEN COMO O ANTERIOR...E MELLOR SE PODEMOS!!!

miércoles, 16 de febrero de 2011

PLANTAMOS ÁRBORES


POR INICIATIVA DA ANPA "AS LANDRAS" , E COA COLOBORACIÓN INDISPENSABLE DA COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARÍA, DE SALCEDA DE CASELAS, A PRÓXIMA SEMANA IREMOS(SE O TEMPO O PERMITE) ÁS INMEDIACIÓNS DA ÁREA RECREATIVA DOS AGOEIROS PARA PLANTAR 55 ÁRBORES: 40 ROBLES AMERICANOS E 15 CASTIÑEIROS GALEGOS.


IREMOS EN PEQUENOS GRUPOS, CADA NENO/A DEIXARÁ O SEU NOME UNIDO Á ÁRBORE E LOGO(SE TEMOS AINDA FOLGOS) IREMOS FACER UNHA PEQUENA CAMIÑATA POLA SENDA DO RÍO CASELAS.
XA VOS CONTAREMOS!

XA SUBIMOS Ó BLOG O NOVO LIM DAS ÁRBORES, PRA QUE INVESTIGUEDES E DESCUBRADES QUE SEMENTES IMOS PLANTAR. A DESCUBRIR PEQUEN@S EXPLORADORAS E EXPLORADORES!

viernes, 4 de febrero de 2011

LAVAMOS A CARA

O BLOG DO COLE TIÑA A CARA UN POUQUIÑO CHEA DE PO, ASÍ QUE PASÁMOSLLE UN TRAPIÑO, UN CEPILLIÑO, LUSTRÁMOLO BEN...E QUEDOUNOS O QUE VEDES.
HABERÁ A QUEN LLE GUSTE MÁIS...OU MENOS, PERO É MÁIS NOSO.
NA FOTO DA CABECEIRA ESTAMOS TODOS/AS NO MONTE DO BORRALLIÑO, NUNHA DAS FESTAS QUE ALÍ FIXEMOS.


DE FONDO ESTÁN OS DEBUXOS FEITOS POLOS PEQUENOS/AS, ESA FORMA PARTICULAR DE REFLECTIR A ANATOMÍA E OS ESTADOS DE ÁNIMO DA XENTE, COA QUE NOS AGASALLAN CADA DÍA.
E CONTANDO AS VISITAS, A ÁRBORE QUE DURANTE DOUS ANOS FOI SÍMBOLO DA UNIÓN E O TRABALLO CONXUNTO DE TODO O COLE.


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE, QUE O VISITEDES A COTÍO E QUE COMENTEDES O QUE VOS GUSTA, O QUE NON, E APORTEDES IDEAS PARA SEGUIR MELLORANDO.
UN SAÚDO E A DISFRUTALO.

EVOLUCIÓN...CON SENTIDIÑO!!!

jueves, 3 de febrero de 2011

LEMBRANDO O ANTROIDO DO ANO PASADO

AGORA QUE ESTAMOS A PREPARAR O ENTROIDO DO 2011 NO COLE, CHEGOUNOS ÁS MANS...OU ÓS OÍDOS, ESTA MARABILLA DE VIDEO GRABADO E MONTADO POR XAN, PAI DE BREOGÁN, DE BARREIRO, NO ENTROIDO DO CURSO PASADO. AQUÍ O TEDES PARA IR ENTRANDO EN MATERIA E QUENTANDO MOTORES PARA DENTRO DUN MES...

jueves, 13 de enero de 2011

A FESTA DO NADAL

Aquí temos por fin as fotos da festa que fixemos no Nadal. Fixéronse cinco obradoiros polos que os nenos e nenas foron rotando ó longo da mañá.
CINE, O APALPADOR, MAQUILLAXE, GLOBOFLEXIA E MÚSICA...e ó rematar CHOCOLATADA. Como podedes ver, eles e nós pasámolo en grande.

¡MENUDAS CARIÑAS!


...e veña festa!!!

lunes, 29 de noviembre de 2010

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR



HOXE CELÉBRANSE AS VOTACIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR PARA ESCOLLER ÓS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS.
O HORARIO SERÁ DE 9 A 10:30, DE 13:30 A 14:15 E DE 16:30 A 17:30. LEMBRADE QUE É IMPRESCINDIBLE PRESENTAR O DNI.
MAÑÁ TOCARANOS ÓS MESTRES E MESTRAS, E PRONTO SABEREMOS QUEN SON OS ELIXIDOS/AS.

martes, 9 de noviembre de 2010

MAGOSTO NO BORRALLIÑO

O venres pasado, cun tempo marabilloso, celebramos o magosto no monte do Borralliño, en Soutelo. Como podedes ver nas fotos, pasámolo en grande, e comimos castañas a fartar.
Estaban riquísimas!!!




Como en toda festa, sempre hai algunhas caras que nos chaman a atención polo moito que se divirten, ou polo guapos/as que están, ou pola peculiar maneira de estar na festa...

jueves, 4 de noviembre de 2010

MAGOSTO

Maña, venres 5, se o tempo o permite(parece que sí) iremos ó monte Borralliño en Soutelo para celebrar o Magosto. Aproveitaremos para gozar dunha mañá en contacto co bosque, cos fentos, cos cogumelos, coas follas caídas do outono...e con todos os compañeiros e compañeiras co CRA, que poucas veces nos podemos ver todos/as xuntos/as.
Alí tomaremos unha merenda a base de castañas e mandarinas traídas polos nenos/as, faremos xogos populares, correremos e pintaremos a cara con cinsa.



Cantaremos:
Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto
non chas quero, non chas quero
que me cheiran ó chamosco.

miércoles, 27 de octubre de 2010

Multiplicámonos por 15


En breve teremos no blogue do cole moita máis información acerca do que se fai nas aulas, dos proxectos, das festas, das curiosidades ou das cousas pequenas do día a día.

Cada aula vai ter un espazo propio dentro deste blogue. A dirección que temos que poñer é a mesma que ata agora, pero na columna da dereita teredes un enlace á información das aulas.

Podedes ver tamén que temos novos espazos para traballar cos peques: BIBLIOTECA, INGLÉS, CREATIVIDADE, CONTOS INTERACTIVOS....e máis que aparecerán