Mostrando entradas con la etiqueta EXTRAESCOLARES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXTRAESCOLARES. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de abril de 2013

I CARREIRA 10K SALCEDA - 5 DE MAIO 2013


 
 

O VINDEIRO DOMINGO, 5 DE MAIO DE 2013, A PARTIR DAS 10:30h, VAI TER LUGAR A I CARREIRA 10 KM DE SALCEDA, DESTINADA TANTO A ADULTOS COMO A NENOS E NENAS.  DENTRO DAS CATEGORÍAS PROPOSTAS APARECE A DOS “PITUFOS”, QUE CORRESPONDE ÁS IDADES DO ALUMNADO DO CRA RAÍÑA ARAGONTA, CUNHA DISTANCIA A PERCORRER DE 150M.

SE TEDES INTERESE EN QUE OS VOSOS FILLOS PARTICIPEN, TEDES TODA A INFORMACIÓN EN www.salcedadecaselas.es  E PODEDES INSCRIBILOS EN www.championchipnorte.com .
NESTE ENLACE PODEDES CONSULTAR O REGULAMENTO:
http://www.salcedadecaselas.es/eportal/portal/descargar.php?id_seccion=1434&js=si&ajax=si&id_adjunto=884&bbdd_adj=16

martes, 23 de octubre de 2012

PLANETARIO MÓBIL



ESTES DÍAS, O ALUMNADO DO CRA ESTÁ MIRANDO AS ESTRELAS. NON É QUE VEÑAMOS Ó COLE POLAS NOITES, AÍNDA NON NOS DÁ POR AÍ, SENÓN QUE, POR INICIATIVA DA ANPA "AS LANDRAS" HAI UN PLANETARIO MÓBIL INSTALADO NO XIMNASIO DO COLEXIO ALTAMIRA.
ESTES SON OS TURNOS NOS QUE ESTAMOS A IR Á ACTIVIDADE, QUE PODEMOS CALIFICAR DE "ESTELAR".
           
 
LUNS 22
MARTES 23
MÉRCORES 24
4B
9.30 – 10.00
BUDIÑO
9.30 – 10.00
BARREIRO
9.30 – 10.00
5B
10.00 – 10.30
REVOLTA
10.00 – 11.00
4A
10.00 – 10.30
5A
10.30 – 11.00
ENTENZA
12.00 – 12.30
S. XURXO
10.30 – 11.00
3A
12.00 – 12.30
SOUTELO
12.30 – 13.00
PICOÑA
12.00 – 12.30
4C
12.30 – 13.00
3B
13.00 – 13.30
FONTÁN
12.30 – 13.00




3C
13.00 – 13.30






viernes, 25 de noviembre de 2011

CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR NO BORRALLIÑO

A primeira competición escolar de campo a través será a de Salceda. Farase no lugar de "O Borralliño" (Soutelo), polos terreos do campo de fútbol e arredores. Será o vindeiro SÁBADO, 26 DE NOVEMBRO.
Esta proba realízase dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño e en colaboración co Concello de Salceda de Caselas.
O regulamento da proba a aplicar será, nas normas xerais, o expresado no correspondente do programa referido.
Os percorridos e horarios das probas podedes velos nesta páxina, na sección "Campo a través": AGRUDEBAM

lunes, 3 de octubre de 2011

ANPA AS LANDRAS


A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CRA RAÍÑA ARAGONTA TEN UN NOVO BLOG. NEL PODEDES INFORMARVOS ACERCA DAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS OU APOIADAS POLA ANPA, MANEIRA DE PARTICIPAR NELAS, IDEAS DE CARA Ó FUTURO...E DAR AS VOSAS IDEAS E OPINIÓNS SOBRE O REALIDADO OU REALIZABLE.
PODEDES VISITALO NO ENLACE DA COLUMNA DA ESQUERDA OU NO SEGUINTE ENDEREZO ELECTRÓNICO: ANPA AS LANDRAS

jueves, 4 de noviembre de 2010

MAGOSTO

Maña, venres 5, se o tempo o permite(parece que sí) iremos ó monte Borralliño en Soutelo para celebrar o Magosto. Aproveitaremos para gozar dunha mañá en contacto co bosque, cos fentos, cos cogumelos, coas follas caídas do outono...e con todos os compañeiros e compañeiras co CRA, que poucas veces nos podemos ver todos/as xuntos/as.
Alí tomaremos unha merenda a base de castañas e mandarinas traídas polos nenos/as, faremos xogos populares, correremos e pintaremos a cara con cinsa.



Cantaremos:
Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto
non chas quero, non chas quero
que me cheiran ó chamosco.

miércoles, 27 de enero de 2010

UNHA PROPOSTA PARA A FIN DE SEMANA


O seu creador Adolgo Popín Maguna (El payaso Popín), cos sempre solidarios Carlos Leiro e Juan José García Costas entre outros, invitan ós xoves, e non tan xoves a pasar un día divertido, ó mesmo tempo que axudamos a quen máis o necesita neste momento, os habitantes de Haití.

O domingo 31 de xaneiro, ás 18.00 h. no Centro Cultural Caixanova de Vigo

Venta de localidades en Caixanova e no 902 504 500.