Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de marzo de 2014

Admisión do alumnado 2014-2015.

A dirección do CRA Raíña Aragonta informa:

         que rematado o prazo de presentación de solicitudes para o curso 2014-2015, hai postos escolares suficientes para todas as solicitudes recibidas. Polo que non é preciso aportar documentación para os criterios de baremo.
 
 A listaxe provisional de admitidos estará publicada antes do 25 de abril.

viernes, 19 de abril de 2013

I CARREIRA 10K SALCEDA - 5 DE MAIO 2013


 
 

O VINDEIRO DOMINGO, 5 DE MAIO DE 2013, A PARTIR DAS 10:30h, VAI TER LUGAR A I CARREIRA 10 KM DE SALCEDA, DESTINADA TANTO A ADULTOS COMO A NENOS E NENAS.  DENTRO DAS CATEGORÍAS PROPOSTAS APARECE A DOS “PITUFOS”, QUE CORRESPONDE ÁS IDADES DO ALUMNADO DO CRA RAÍÑA ARAGONTA, CUNHA DISTANCIA A PERCORRER DE 150M.

SE TEDES INTERESE EN QUE OS VOSOS FILLOS PARTICIPEN, TEDES TODA A INFORMACIÓN EN www.salcedadecaselas.es  E PODEDES INSCRIBILOS EN www.championchipnorte.com .
NESTE ENLACE PODEDES CONSULTAR O REGULAMENTO:
http://www.salcedadecaselas.es/eportal/portal/descargar.php?id_seccion=1434&js=si&ajax=si&id_adjunto=884&bbdd_adj=16

viernes, 15 de febrero de 2013

DESFILE DO ENTROIDO

PARA OS QUE NOS VISTES NA RÚA E, SOBRE TODO, PARA OS QUE NON POIDERON ESTAR. AQUÍ TEDES O RESULTADO DE TODO O TRABALLIÑO FEITO PARA OS DISFRACES DE ESTE ANO, BASEADO EN PELÍCULAS INFANTILES. POUCAS VECES TANTOS GUAPOS E GUAPAS ANDIVERON XUNTOS POLAS RÚAS DE SALCEDA...NON SI?

martes, 5 de febrero de 2013

PLANTAR ÁRBORES

O SÁBADO PASADO, ORGANIZADA POLA ANPA AS LANDRAS E A COMUNIDADE DE MONTES DE ENTENZA, FÍXOSE UNHA NOVA PLANTACIÓN DE ÁRBORES POR PARTE DOS NENOS/AS E AS FAMILIAS DO CRA. A METEREOLOXÍA PREMIOU O NOSO ESFORZO E A NOSA ILUSIÓN CUNHA MAÑÁ BEN BONITA, QUE NOS DEIXOU ALGUNHAS ESTAMPAS COMO AS QUE SIGUEN

jueves, 8 de noviembre de 2012

MAGOSTO PARA AGOSTO

COMO XA SABEDES, TIÑAMOS PENSADO FACER O MAGOSTO MAÑÁ, VENRES, NA ÁREA RECREATIVA E MONTE DO BORRALLIÑO, EN SOUTELO.
O CASO É QUE O TEMPO, A CLIMATOLOXÍA, NON NOS DEIXA. O OUTONO É ASÍ. XA DECÍAN "OS RESENTIDOS" DE CAMBIAR O MAGOSTO PARA AGOSTO POR ISO DO SOL E OS DÍAS LONGOS, PERO POR ALGUNHA RAZÓN, RELACIONADA SEGURAMENTE COAS CASTAÑAS, NON FOI UNHA PROPOSTA MOI SEGUIDA.
NÓS, SE O TEMPO O PERMITE, IREMOS COMER CASTAÑAS O PRÓXIMO MARTES 13, ASI QUE...SORTE!!!



NO CASO DE QUE O TEMPO NON NOS ACOMPAÑE ESE DÍA E TEÑAMOS QUE SUSPENDER DEFINITIVAMENTE A ACTIVIDADE CONXUNTA, QUEDARÁ A CRITERIO DE CADA TITOR/A O DESENVOLVEMENTO DO MAGOSTO NA AULA.
DE NON EMPREGARSE OS CARTOS PARA O TRANSPORTE DO AUTOBÚS, O IMPORTE DEVOLVERÁSELLES POR PARTE DOS TITORES/AS.

martes, 23 de octubre de 2012

PLANETARIO MÓBIL



ESTES DÍAS, O ALUMNADO DO CRA ESTÁ MIRANDO AS ESTRELAS. NON É QUE VEÑAMOS Ó COLE POLAS NOITES, AÍNDA NON NOS DÁ POR AÍ, SENÓN QUE, POR INICIATIVA DA ANPA "AS LANDRAS" HAI UN PLANETARIO MÓBIL INSTALADO NO XIMNASIO DO COLEXIO ALTAMIRA.
ESTES SON OS TURNOS NOS QUE ESTAMOS A IR Á ACTIVIDADE, QUE PODEMOS CALIFICAR DE "ESTELAR".
           
 
LUNS 22
MARTES 23
MÉRCORES 24
4B
9.30 – 10.00
BUDIÑO
9.30 – 10.00
BARREIRO
9.30 – 10.00
5B
10.00 – 10.30
REVOLTA
10.00 – 11.00
4A
10.00 – 10.30
5A
10.30 – 11.00
ENTENZA
12.00 – 12.30
S. XURXO
10.30 – 11.00
3A
12.00 – 12.30
SOUTELO
12.30 – 13.00
PICOÑA
12.00 – 12.30
4C
12.30 – 13.00
3B
13.00 – 13.30
FONTÁN
12.30 – 13.00




3C
13.00 – 13.30






ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DESTE CURSO

Coma todos os anos, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares envía unha única solicitude de autorización para as actividades complementarias que levaremos a cabo no presente curso. Deste xeito pretendemos unha mellor organización e diminuír a cantidade de papel empregado e facilitar a súa recollida.
Antes da realización de cada actividade se lles informará detalladamente sobre a mesma. No caso de non autorizar ao seu fillo/a nalgún caso, deberá notificalo por escrito o seu titor/a.
As actividades complementarias previstas para este ano, segundo figuran na Programación Xeral Anual son:
-          Planetario Móbil.
-          O magosto.
-          Nadal.
-          Entroido.
-          Acampada para alumnos de cinco anos.
-          Festa de fin de curso.
Estas actividades poden sufrir variacións debido as inclemencias meteorolóxicas.

lunes, 10 de septiembre de 2012

MERENDOLAS


ESTE É O PLAN DE MERENDAS PARA ESTE CURSO EN TODAS AS AULAS DO CRA:


ESPERAMOS QUE SE CUMPLAN Ó MÁXIMO POSIBLE...E BO PROVEITO!!!

lunes, 18 de junio de 2012

FÚTBOL EN FAMILIA

DENTRO DA SEMANA DA FAMILIA, XOGAMOS UN PARTIDO DE FUTBITO ENTRE AS/OS PROFES E AS FAMILIAS QUE, TODO HAI QUE DECILO, ERAN PREDOMINANTEMENTE MASCULINAS. O RESULTADO NON O LEMBRAMOS BEN, PERO FOI XUSTO E MERECIDO, ACORDE COS MERITOS DE CADA EQUIPO. AQUÍ TEDES UN VIDEO DO MEMORABLE ACONTECEMENTO.

Untitled from r.aragonta on Vimeo.

martes, 22 de mayo de 2012

ENSINANDO VIDA

AQUÍ TEDES UN VIDEO DE LEMBRANZA DA ACTIVIDADE QUE SE FIXO A PRINCIPIO DE CURSO COAS FAMILIAS, ESPECIALMENTE COAS MAMÁS, ACERCA DOS MOMENTOS ANTERIORES Ó NACEMENTO DUN NENO/A. SIRVA DE ÁNIMO PARA AS PERSOAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DA SEMANA DA FAMILIA QUE SE ORGANICEN NAS DISTINTAS AULAS. E GRAZAS OUTRA VEZ A XAN POLO TRABALLO DE RECOLLIDA E POSTA DE GALA DAS IMAXES DESTA ACTIVIDADE.

jueves, 3 de mayo de 2012

EDUCAR CO CORAZÓN

REMATARON XA AS CHARLAS COAS FAMILIAS QUE NOS ANIMABAN A EDUCAR ÓS NENOS E NENAS PARTINDO SEMPRE DO QUE NOS DIGA O CORAZÓN. SE TEMOS EN CONTA A CANTIDADE DE PARTICIPANTES DE TODAS AS AULAS E LUGARES DE SALCEDA, ASÍ COMO A PARTICIPACIÓN ACTIVA NAS CHARLAS E AS SENSACIÓNS Ó REMATE DE CADA UNHA DELAS, PODEMOS ASEGURAR O ÉXITO DESTA PROPOSTA E O BEN ACOLLIDA QUE FOI POLAS FAMILIAS. SE SERVIRÁ PARA O SEU PROPÓSITO OU NON QUIZÁIS NON CHEGUEMOS A SABELO, PERO ALGO SEMPRE QUEDA. ESTE FOI UN VIDEO DOS QUE SE PUXERON NAS CHARLAS, QUE ANIMA A DAR ABRAZOS A QUEN QUEREMOS E O IMPORTANTE DE RECIBILOS. ANIMÁVOSVOS TAMÉN A QUE DEIXEDES COMENTARIOS SOBRE O QUE OPINADES DO TEMA OS/AS QUE ALÍ ESTIVESTES.

jueves, 22 de marzo de 2012

XOGOS EXTRA

COMO TEMOS MÁIS XOGOS NO CALENDARIO QUE MESES NO ANO, IMOS FACER POR XOGALOS DURANTE ESTES MESES. UN DELES É ESTE QUE PRESENTAMOS AGORA...A PORCA.

AÍNDA QUE TEN O NOME DO ANIMAL QUE SURTE TRADICIONALMENTE OS MENÚS DO INVERNO GALEGO, O XOGO NON TEN NADA QUE VER CO BICHO NIN COA COMIDA. É UN XOGO PARECIDO AO HOQUEI MESTURADO CO GOLF.
ANIMARSE NAS CASAS E NOS COLES!!!
AXOGAR!!!

jueves, 8 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Día da Muller Traballadora

Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988).
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.



Índice
O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.

Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988).
A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.





Cronoloxía
Ofrécese a continuación unha breve cronoloxía dos acontecementos máis destacados:
1909
De conformidade cunha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos de América o día 28 de febreiro celebrouse en tódolos Estados Unidos o primeiro Día Nacional da Muller, que estas seguiron celebrando o último domingo de febreiro ata 1913.
1910
A Internacional Socialista, reunida en Copenhaguen, proclamou o Día da Muller, de carácter internacional como homenaxe ao movemento en favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio feminino universal. A proposta foi aprobada unanimemente pola conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas as tres primeiras mulleres elixidas para o parlamento finés. Non se estableceu unha data fixa para a celebración.
1911
Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhaguen o ano anterior, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez (o 19 de marzo) en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins aos que asistiron máis de 1 millón de mulleres e homes. Ademais do dereito de voto e de ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.
Menos dunha semana despois, o 25 de marzo, máis de 140 mozas traballadoras, a maioría inmigrantes italianas e xudías, morreron no tráxico incendio da fábrica Triangle na cidade de Nova York. Este acontecemento tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia ás condicións laborais que conduciron ao desastre.
1913-1914
No marco dos movementos en prol da paz que xurdiron en vésperas da primeira guerra mundial, as mulleres rusas celebraron o seu primeiro Día Internacional da Muller o último domingo de febreiro de 1913. No resto de Europa, as mulleres celebraron mitins en torno ao 8 de marzo[1]. do ano seguinte para protestar pola guerra ou para solidarizarse coas demais mulleres.
1917
Como reacción ante os 2 millóns de soldados rusos mortos na guerra, as mulleres rusas escolleron de novo o último domingo de febreiro para declararse en folga en demanda de "pan e paz". Os dirixentes políticos criticaron a oportunidade da folga, pero as mulleres fixérona de tódolos xeitos. O resto é historia: catro días despois o Tsar viuse obrigado a abdicar e o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto. Ese histórico domingo foi o 23 de febreiro, segundo o calendario xuliano utilizado entón en Rusia,ou o 8 de marzo, segundo o calendario gregoriano utilizado noutros países.
Dende eses primeiros anos, o Día Internacional da Muller adquiriu unha nova dimensión mundial para as mulleres dos países desenvolvidos e en desenvolvemento. O crecente movemento internacional da muller, reforzado polas Nacións Unidas mediante catro conferencias mundiais sobre a muller, contribuíu a que a conmemoración sexa un punto de converxencia das actividades coordinadas en favor dos dereitos da muller e a súa participación na vida política e económica. O Día Internacional da Muller é cada vez máis unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres comúns que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller.







O día da muller no movemento obreiro

Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988). No cartel pon: Xuntos en todo loitamos contra o maltrato da muller.
No estudo realizado por Isabel Álvarez González e publicado baixo o título As orixes e a celebración do Día Internacional da Muller, 1910-1945 (KRK-Edicións, Oviedo, 1999), o incendio que se vincula coa data do Día da Muller Traballadora data non foi -así aparece na anterior cronoloxía- o 8 de marzo senón o 25 de marzo de 1911, poucos días antes da celebración do primeiro Día Internacional da Muller, na empresa Triangle Shirtwaist.
A manifestación á que moitas veces se fai referencia, non ocorreu no 8 de marzo de 1908 nin de 1857, como ás veces se sinala, senón o 27 de setembro de 1909; a partir de novembro de 1908 segundo outras fontes, no marco dunha folga de máis de trece semanas dos empregados e empregadas do sector téxtil realizaron no East Side de Nova York. Participaron máis de 20.000 obreiros, na súa inmensa maioría mulleres. Durante esas 13 semanas padeceron fame, ataques, detencións (máis de 600), despedimentos... pero conseguiron as peticións reclamadas. O 8 de marzo de 1909 convocouse unha manifestación esixindo, de novo, melloras de condicións para as mulleres emigradas e a abolición da explotación infantil así como o dereito ao voto das mulleres.




A orixe en 1910
Na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, que se celebrou en Copenhaguen en 1910, Clara Zetkin, líder do movemento alemán de mulleres socialistas, propuxo a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, baseada na celebración que nos EE.UU. se realizaba dende 1908 como Women's Day co ánimo de reivindicar o sufraxio feminino. Este chamamento foi seguido en Alemaña, Suecia, Austria e Finlandia.
Os acontecementos de 1917 en Rusia nesa data, e que foron parte dos movementos que converxeron na Revolución de Outubro, contribuíron a afianzar esta celebración.

jueves, 2 de febrero de 2012

BOA SORTE!!!...CASTIÑEIROS

REMATAMOS O TRABALLO NOS MONTES DE PARDERRUBIAS. ALÍ QUEDAN MÁIS DE CEN CASTIÑEIROS QUE ENTERRAMOS COAS NOSAS MANS, AFIRMAMOS NA TERRA COS NOSOS PÉS, CHAMAMOS POLOS NOSOS NOMES E ALIMENTAMOS COA ESPERANZA E A ILUSIÓN DE NENOS E NENAS QUE SOMOS.



MOITAS GRAZAS Á ANPA E A COMUNIDADE DE MONTES POLA ORGANIZACIÓN, O ESFORZO, O ENTUSIASMO E TODO O DEMÁIS.
PARA AS FAMILIAS QUE QUEIRAN VISITALO E DARLLE UN AGARIMO A ESTE BEBÉ DE BOSQUE, ESTA É A SÚA LOCALIZACIÓN:

Ver mapa más grande

lunes, 30 de enero de 2012

O BOSQUE MEDRA...

SEGUIMOS CO NOSO EMPEÑO DE COMEZAR A CREAR UN BOSQUE!!!
AQUÍ PODEDES VER O TRABALLO...E A DIVERSIÓN, DALGÚNS NENOS/AS DO CRA O PASADO VENRES:

CONSELLOS PARA PAIS E NAIS...DE LES LUTHIERS

AGORA QUE ESTES XENIOS DO HUMOR E A MÚSICA ANDAN PRETO, APROVEITAMOS PARA LEMBRAR OS CONSELLOS QUE DABAN HAI UNS ANOS ÁS FAMILIAS DO MUNDO QUE TEÑEN FILLOS/AS.

AVISO!!! NON É PARA TOMAR MOI EN SERIO:

miércoles, 25 de enero de 2012

PLANTAMOS ÁRBORES

XA EMPEZAMOS AS PLANTACIÓNS NOS MONTES DE PARDERRUBIAS. TEMOS A ILUSIÓN DE QUE, O QUE HOXE É UN PRADO, NUN FUTURO SE CONVIRTA NUN SOUTO, NUN BOSQUE DE CASTIÑEIROS ONDE PODER IR BUSCAR CASTAÑAS, COGUMELOS...OU UN POUCO DE SOMBRA NOS DÍAS DE VERÁN.
ESTAS SON ALGUNHAS DAS MOSTRAS DO TRABALLOS DE NENOS E NENAS:



miércoles, 18 de enero de 2012

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

A PRÓXIMA SEMANA TEMOS A ILUSIÓN (PENDENTE DA CLIMATOLOXÍA) DE IR PLANTAR ÁRBORES A UN CAMPO SITUADO NA PARROQUIA DE PARDERRUBIAS. SEGUINDO COA INICIATIVA XURDIDA O CURSO PASADO DA ANPA "AS LANDRAS" E GRAZAS Á PARTICIPACIÓN INDISPENSABLE DA COMUNIDADE DE MONTES DE PARDERRUBIAS, SEMENTAREMOS Ó LONGO DA SEMANA 100 CASTIÑEIROS.
DESTE XEITO AXUDAMOS Á REFORESTACIÓN DO BOSQUE QUE TEMOS MÁIS CERCANO CON ESPECIES AUTÓCTONAS.
AQUÍ TEDES UN VIDEO DO QUE SUCEDEU O ANO PASADO...

viernes, 25 de noviembre de 2011

CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR NO BORRALLIÑO

A primeira competición escolar de campo a través será a de Salceda. Farase no lugar de "O Borralliño" (Soutelo), polos terreos do campo de fútbol e arredores. Será o vindeiro SÁBADO, 26 DE NOVEMBRO.
Esta proba realízase dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño e en colaboración co Concello de Salceda de Caselas.
O regulamento da proba a aplicar será, nas normas xerais, o expresado no correspondente do programa referido.
Os percorridos e horarios das probas podedes velos nesta páxina, na sección "Campo a través": AGRUDEBAM

jueves, 13 de octubre de 2011

NENOS DE HOXE E FUTURAS MAMÁS

O LUNS 10 DE OUTUBRO, LEVOUSE Á AULA DE BARREIRO UNHA EXPERIENCIA, PROPOSTA POLA ANPA "AS LANDRAS", QUE PODERIAMOS CALIFICAR DE IRREPETIBLE SE NON FOSE QUE TEMOS PENSADO REPETILA NO RESTO DAS AULAS QUE O DESEXEN.
AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DO QUE PASOU...ASÍ QUE DEIXAMOS QUE SEXAN AS IMAXES QUEN FALE...