En breve teremos no blogue do cole moita máis información acerca do que se fai nas aulas, dos proxectos, das festas, das curiosidades ou das cousas pequenas do día a día.
Cada aula vai ter un espazo propio dentro deste blogue. A dirección que temos que poñer é a mesma que ata agora, pero na columna da dereita teredes un enlace á información das aulas.
Podedes ver tamén que temos novos espazos para traballar cos peques: BIBLIOTECA, INGLÉS, CREATIVIDADE, CONTOS INTERACTIVOS....e máis que aparecerán
1 comentario:
Parécenos fantástico!!!
Ver o que fan os nosos nenos no cole fai que nos sintamos máis préto deles. Moitas grazas!!
Publicar un comentario