O venres 3 de decembro é o Día Internacional das persoas con discapacidade, e o 10 de decembro é o Día Mundial dos Dereitos Humáns.
Dende a Asociación TADEGA (Tecnoloxías Adaptadas á Diversidade) fíxose a proposta de ensinarlle o conto interactivo de Xandre o Elefante sen sombra, @s nen@s das nosas escolas. Trátase dun conto interactivo para nenos e nenas de 3 a 8 anos (aínda que pensamos que tamén é moi extensible a máis idades) e que presenta en diferentes sistemas comunicativos e soportes: texto en galego e castelán, pictogramas WIDGIT (marca comercial moi estendida de signos e pictogramas) como sistema de comunicación aumentativa á lingua escrita, o sistema Braille, e a lingua de signos española e tamén na súa variante galega así como as respectivas lecturas en audio. Como podedes ver trátase dun conto escrito coa ansia de que sexa para todos e todas sen importar a discapacidade que se poda ter e de xeito que todos e todas podamos xogar, gozar e gañar. Compartimos con tódalas aulas do noso CRA este recurso para que o disfrutemos c@s nos@s nen@s e coas familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario