lunes, 10 de mayo de 2010
VISITA ÓS BOMBEIROS
Dende o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias do CRA Raíña Aragonta informamos que nos vindeiros días faremos unha visita ó PARQUE DE BOMBEIROS DE PORRIÑO, onde nos ensinarán as funcións que desempeñan na nosa sociedade e os utensilios, instalacións e vehículos que empregan no seu traballo.
As datas previstas son as seguintes:
- Luns, 24 de maio: 5A, 5B e 3B
- Mércores, 26 de maio: Budiño, Fontán e Soutelo
- Venres, 28 de maio: Barreiro, Picoña e San Xurxo
- Luns, 31 de maio: Revolta, Entenza e 3A
- Mércores, 2 de Xuño: 4A, 4B e 4C
As datas anteriores son orientativas, xa que se xurde algunha emerxencia cambiarase a saída para outro día.
O alumnado será transportado ata alí en autobús.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario