viernes, 18 de junio de 2010

SAÍDA ÓS BOMBEIROS-PORRIÑO


Todos os nenos e nenas das aulas do CRA RAÍÑA ARAGONTA foron de visita ás instalacións do parque de bombeiros en Porriño. Alí poideron ver onde durmen, cociñan, comen e fan exercicio físico os bombeiros, mestres agardan a chamada de alguén para apagar un lume, rescatar a unha persoa ou coller un gatiño do alto dun carballo.
Tamén poideron ollar os equipos de extinción de incendios, os camións, as ferramentas, a cucaña para baixar moi rápido e as mangueiras...QUE FAN UNHA ESCUMA!!!!



E dixéronnos que cando teñamos unha urxencia ou un lume na casa temos que chamar ó tlfno 112, e temos que aprender moi ben a nosa dirección!!!

No hay comentarios: