lunes, 19 de septiembre de 2011

POR QUE PROTESTAMOS?



Os próximos mércores 21 e martes 27 de Setembro, unha grande parte do profesorado do CRA Raiña Aragonta iremos á folga para tentar mellorar a situación da educación pública.

Con este comunicado pretendemos que coñezades a situación actual das medidas impostas pola Consellería de Educación e a repercusión das mesmas na educación dos nenos e nenas. Pensamos que NON SON MEDIDAS PARA MELLORAR A CALIDADE DO ENSINO, senón estratexias para reducir o gasto na ensinanza pública, sabendo que está en xogo a educación e o futuro dos vosos/as fillos/as.



¿POR QUE PROTESTAMOS ?
O profesorado non protestamos por “TRABALLAR DÚAS HORAS MÁIS”, as nosas queixas son polos recortes sucesivos e cada vez maiores que está a sufrir o ensino público, e que forman parte dun plan a longo prazo e non se reduce a unhas medidas extraordinarias debidas á crise:

MEDIDAS QUE ESTAN TOMANDO E CONSECUENCIAS PARA A EDUCACIÓN(PROFESORADO E FAMILIAS)

*Recorte do profesorado

●Masificación de nenos/as nas aulas.
●Diminúe a atención individualizada (supresión de apoios, desdobres…).
●Non se cubren as baixas do profesorado por menos dun mes.

*Recorte do gasto público

●Eliminación da formación do profesorado.
●Tardanza en enviar ao profesorado ao centro de destino (este ano os novos Mestres incorporáronse o día 12 de Setembro sen coñecer a realidade do centro).
●Redución do presuposto para dotar aos centros de material.

*Asignación de profesorado para impartir especialidades para as que non está habilitado

●Os/as nenos/as sofren un ensino de baixa calidade nesas materias.

*Eliminación das horas de dinamización
●Quedaremos sen tempo para:
- Manter a horta escolar.
- Actualizar o blog do centro.
- Organizar a biblioteca escolar.
- Planificar actividades de convivencia (semana da familia, festas, acampada…).

*Desprestixio do profesorado
●Otórgannos tarefas que non nos corresponden, como a vixilancia do transporte escolar.
●Inténtase convencer á opinión pública de que traballamos menos (cando seguimos traballando as mesmas horas e moitas veces máis das que nos corresponden).