jueves, 3 de mayo de 2012

EDUCAR CO CORAZÓN

REMATARON XA AS CHARLAS COAS FAMILIAS QUE NOS ANIMABAN A EDUCAR ÓS NENOS E NENAS PARTINDO SEMPRE DO QUE NOS DIGA O CORAZÓN. SE TEMOS EN CONTA A CANTIDADE DE PARTICIPANTES DE TODAS AS AULAS E LUGARES DE SALCEDA, ASÍ COMO A PARTICIPACIÓN ACTIVA NAS CHARLAS E AS SENSACIÓNS Ó REMATE DE CADA UNHA DELAS, PODEMOS ASEGURAR O ÉXITO DESTA PROPOSTA E O BEN ACOLLIDA QUE FOI POLAS FAMILIAS. SE SERVIRÁ PARA O SEU PROPÓSITO OU NON QUIZÁIS NON CHEGUEMOS A SABELO, PERO ALGO SEMPRE QUEDA. ESTE FOI UN VIDEO DOS QUE SE PUXERON NAS CHARLAS, QUE ANIMA A DAR ABRAZOS A QUEN QUEREMOS E O IMPORTANTE DE RECIBILOS. ANIMÁVOSVOS TAMÉN A QUE DEIXEDES COMENTARIOS SOBRE O QUE OPINADES DO TEMA OS/AS QUE ALÍ ESTIVESTES.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Encantoume a experiencia, sempre me dín (sobre todo miña nai) que consinto moito a miña filla, que estou "demasiado" pendente dela, que fai conmigo o que lle dá a gana..., pero despois de asistir á charla cheguei a unha conclusión: "Penso que non o estou facendo tan mal", a forma que teño de educala é a que me dicta o meu corazón,e penso seguir así. Moitas grazas a todo o equipo de profesores que nos axudades nesta tarefa tan complicada como é a educación dos nosos cativos.

Anónimo dijo...

Parabens para este equipo d mestres que tiveron esta brillant proposta,tiven o gusto d asistir a unha desta charlas e todo o qu saquei dela foi positvo aínda qu afortunadament todo o contido da mesma poño en practica xa qu solo sei educar co corazón a miñas duas pitufas...seguide así,bkños....ah! e as teatreiras un 10.